Translate

martes, 17 de abril de 2018

Interesantísimo curso con Pablo Pascual!!!

Aquí tedes algunhas fotos do curso de Mecánica de Instrumentos de Vento Madeira que impartiu Pablo Pascual o pasado venres 13 de Abril.




O curso foi moi interesante, e aprendimos moitas cousas curiosas sobre os nosos instrumentos, tanto a nivel construtivo, sonoro, mecánico, etc e tamén moi bos consellos para telos sempre nun estado óptimo.



Graciñas Pablo por este día tan ben aproveitado!!!




Si queredes ver todas as fotos do curso, podedes velas no apartado de fotos do noso Blog.
Ata pronto!!!

lunes, 5 de marzo de 2018

Fantástico Curso con Cristo Barrios!!!

Deixámosvos unhas fotos do estupendo fin de semana que vimos de pasar con Cristo Barrios.
O ambiente do curso, tanto musical como persoal foi estupendo.

Graciñas Cristo!















Si queredes ver todas as fotos do curso, podedes velas no apartado de fotos do noso Blog.
Ata pronto!!!

jueves, 1 de febrero de 2018

11º Edición dos Cursos de Vento Madeira!!!





Acaba de ser presentada unha nova edición dos Cursos de Vento Madeira (...imos pola 11ª), que organiza en conxunto o Departamento de Vento Madeira do CMUS Xoán Montes de Lugo, e xa temos os boletíns de inscrición e o cartaz.
Nesta edición, o profesor de clarinete será Cristo Barrios, e tamén teremos un curso de mecánica dos instrumentos de vento madeira impartido polo clarinetista Pablo Pascual:







Agora confirmámosvos todo o elenco de profesorado:


Podedes descargar os trípticos co boletín de inscrición e cartaz pinchando en cada especialidade, ou tamén no apartado de cursos do blog.

miércoles, 29 de marzo de 2017

Curso Clarinete nos X Cursos Vento Madeira!!!

Acaba de ser presentada unha nova edición dos Cursos de Vento Madeira (...imos pola 10ª), que organiza en conxunto o Departamento de Vento Madeira do CMUS Xoán Montes de Lugo, e xa temos os boletíns de inscrición e o cartaz.

O profesor de clarinete desta edición será Vicente Alberola:




O curso de clarinete serás os días 19 e 20 de maio e podedes descargar aquí os trípticos co boletín de inscrición  e o cartel, ou tamén no apartado de cursos do blog.

sábado, 25 de febrero de 2017

Chegou o Entroido!!!

Xa está aquí o Entroido un ano máis, e por suposto tamén chegou ó CMUS Xoán Montes de Lugo. Este venres os DJ do clarinete fixeron fixeron unha actuación difícil de esquecer.



Gozade moito destes días de troula e non vos esquezades de seguir practicando co clarinete entre cada disfrace.

Xabi, Marcos e David

Vémonos á volta e.... BO ENTROIDO!!! 



domingo, 30 de octubre de 2016

Chegou o Samaín!!!



Xa está aquí o Samaín!!!



Este venres o CMUS Xoán Montes de Lugo tivo unhas visitas clarinetísticas moi especias.



Gozade moito destes días de troula e non vos esquezades de seguir practicando co clarinete entre cada disfrace.

               David, Marcos e Xabi

viernes, 11 de marzo de 2016

9ª Edición dos Cursos Vento Madeira!!


Acaba de ser presentada unha nova edición dos Cursos de Vento Madeira (...imos pola 9ª), que organiza en conxunto o Departamento de Vento Madeira do CMUS Xoán Montes de Lugo, e xa temos os boletíns de inscrición e o cartaz.
O profesor de clarinete desta edición será Josep Sancho:


Agora confirmámosvos todo o elenco de profesorado:

Curso de frauta os días 23 e 24 de abril. Profesor: Claudia Walker

Curso de fagot os días 23 e 24 de abril. Profesor: Javier Aragó

Curso de clarinete os días 29 e 30 de abril. Profesor: Josep Sancho (Concerto-conferencia: 28 de de abril) 

Curso de saxofón os días 29 e 30 de abril. Profesor: Manuel Prada