Translate

miércoles, 26 de diciembre de 2012

Entrevista...

Ola Clarinetistas!!!
Que tal ese Nadal?.... Seguro que estupendo!!
Lembrádesvos de Kari Kriikku? Como vos iades a esquecer del, despois do magnífico concerto que tivemos a sorte de escoitar no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela o pasado 31 de Octubro acompañado pola Real Filharmonía de Galicia!!


Pois ben, deixámosvos unha entrevista que lle fixeron fai uns anos para que podades coñecelo un pouquiño mellor. Pinchade aquí e descubride algo máis sobre este xenio que nos fixo pasar uns intres inesquecibles:

                                                        ENTREVISTA A KARI KRIIKKU



domingo, 23 de diciembre de 2012

Praza Maior

Ola Clarinetistas!!!!
Xa estamos de vacacións de Nadal!!!...e para rematar a serie de imaxes do curso pasado, hoxe imos lembrar o concerto que o Ensemble de Clarinetes ofreceu na Praza Maior de Lugo dentro da XL Edición da Semana de Música do Corpus de Lugo.







Feliz Nadal e Bo Ano!!!

jueves, 20 de diciembre de 2012

Con Carlos...

Unha nova entrega do recordatorio de imaxes do curso pasado.....

.......desta vez tócanos lembrar a visita que nos fixo o clarinetista Carlos Casadó, que foi Catedrático de clarinete no Conservatorio Superior de Música de A Coruña e actualmente forma parte da Orquesta Nacional de España, para impartir unha nova edición do curso de clarinete que todos os anos organizamos en conxunto o Departamento de Vento Madeira.

Deixámosvos unhas instantáneas de varios intres das clases:






E un par delas do concerto do Ensemble de Clarinetes




Ata o próximo "recordatorio" do curso pasado!!

lunes, 17 de diciembre de 2012

Con Venancio

Ola!!!

hoxe tócanos lembrar unha nova visita que nos fixo o curso pasado o clarinetista Venancio Rius. Desta vez foi para ofrecer un concerto maratoniano no que tocou con diferentes profesores do conservatorio.....e para pechar o concerto, elixiu interpretar 2 obras de solista acompañado do Ensemble de Clarinetes do CMUS.

Dixámosvos 2 imaxes de ditintos intres do concerto:


Trío de clarinetes (Venancio, Iván e José Ramón)



                              Venancio acompañado do Ensemble del Clarinetes do Conservatorio



Ata a próxima entrega de imaxes!!!

domingo, 16 de diciembre de 2012

Recordatorio do curso pasado

Ola Clarinetistas!!!

Ó longo destes días imos subir varias fotos do curso pasado para lembrar algunhas actividades que fixemos xuntos.
Para comezar a ristra fotográfica, deixámosvos unha instantánea da viaxe que fixemos a Ourense xunto cos alumnos de violoncello do CMUS Lugo para asistir ó concerto que ofreceron o clarinetisa Darío Mariño, o violoncellista Alain Meunier e a pianista Anne Lebozec.


O dito.... ó longo desta semana seguiremos "lembrando" máis intres!!!