Translate

lunes, 16 de diciembre de 2013

DEREITOS HUMANOS

Ola clarinetistas! 
Aquí tedes algunhas fotografías da actuación do pasado 10 de Decembro, onde tivemos o pracer de participar na conmemoración do Día dos Dereitos Humanos xunto co coro infantil do CMUS Xoán Montes.












Ata a próxima!!

miércoles, 23 de octubre de 2013

Clarinete artesán español

Ola clarinetistas!!
Como levades este comezo de curso? Seguro que con moitas ganas!!
Hoxe imos a presentarvos unha nova marca de clarinetes, pero con unha singularidade.... están fabricados en España e de forma artesanal!! 
Esta nova marca ofrece distintos modelos (dende instrumentos para principiantes ata clarinetes de alta gama) e con distintos acabados (tanto no deseño dos barriletes e campás, fabricación en distintas madeiras e diferentes baños das chaves).


Esperamos que este novo clarinete sexa un moi bo material.

Ata a próxima!!

martes, 1 de octubre de 2013

II Ciclo de Novos Intérpretes

A A. C. Banda de Música de Vilalba ven de convocar o seu II Ciclo de Novos Intérpretes. Este ciclo ten como obxetivo impulsar a carreira artística dos novos instrumentistas, e está dirixido tanto a Solistas como Grupos de Cámara.
Desenvolverase durante os meses de Novembro e Decembro de 2013.


Si queredes presentar unha proposta, aquí podedes descargar o boletín de inscrición. Os interesados deberán enviar as súas solicitudes antes do 20 de Outubro de 2013 á Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba, Apartado de Correos Nº37, 27800 Vilalba (Lugo); ou ó correo electrónico:
bandavilalba@hotmail.com




Animádevos e presentade a vosa proposta!!!




miércoles, 18 de septiembre de 2013

Comezo de Curso con Enerxía!!!

Como foi o verán?
Agardamos que vos fose moi ben e cheguedes todos coas pilas totalmente recargadas. Para darlle a benvida ó novo curso nada mellor que escoitar algo cheo de forza.




Vémonos no Conser!!

martes, 25 de junio de 2013

Plans musicais para o verán....

Chegou o verán!
xa sabedes en que ides a ocupar o voso tempo libre no verán? Pois ben, hoxe presentámosvos unha nova opción para seguir aprendendo co voso instrumento e ó mesmo tempo pasar uns ratos divertidos e coñece xente nova:
A Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba ven de presentar unha nova edición do seu Curso de Verán (xa vai pola VII edición), que se celebrará do 17 ó 19 de Xullo. Este ano os profesores son:

  • Iago Lariño Rodal (frauta)
  • Darío Mariño Varela (clarinete)
  • Zeltia Pardo Naval (saxofón)
  • Marcos Fernández Guzmán (Trompeta)
  • Iago Ríos Martínez (trombón-bombardino)
  • Darío González Faílde (percusión)
Ademáis das clases individuais, ofértase a actividade de banda, e tamén haberá concertos dos profesores, dos alumnos e un Coloquio sobre as saídas profesionais da música.




Disfrutade do verán co voso instrumento!!

jueves, 20 de junio de 2013

Acto Poético-Musical

Aquí están algunhas fotografías da participación dunha parte do Ensemble de Clarinetes do CMUS Lugo no acto "Poético-Musical" en protesta pola LOCME, organizado o pasado xoves 13 de Xuño diante do Edificio Administrativo da Xunta.





miércoles, 22 de mayo de 2013

Chega o verán

Xa está rematando o curso e as vacacións de verán cada vez están máis preto. Pois ben, para ir poñéndonos en situación compartimos con vós un vídeo de Alexandre Ribeiro, un clarinetista brasileiro que nos trae unha música moi tropical:




jueves, 16 de mayo de 2013

Fabricación das Canas

Ola clarinetistas!!
Algunha vez vos preguntáchedes cal é o proceso de fabricación dunha cana? Pois ben, aquí vos deixamos 2 vídeos distintos onde podedes ver o proceso de transformación, dende o nacemento da pranta ata que chegan ata as vosas mans.

Con debuxos:



Con imaxes:



Ata a próxima!!

martes, 30 de abril de 2013

Plans para o verán....

Boas!
xa sabedes en que ides a ocupar o voso tempo libre no verán? Pois ben, presentámosvos 2 campamentos musicais moi interesantes que ó mellor son do voso agrado:

O primeiro, é o Campamento Musical de Agolada, e celebrarase na localidade pontevedresa de Agolada  do 29 de Xullo ó 2 de Agosto


O segundo é un pouco máis lonxe.... é o Campamento Musical Verano 2013 de Soria, e celebrarase na cidade de Soria


Iremos avisándovos de novas e interesantes actividades para o verán!!


domingo, 7 de abril de 2013

Clarinete Tenor!!

Ola!
Víchedes algunha vez un clarinete tenor?. Pois ben, presentámosvos a Alex Simu, un clarinetista rumano que seguramente vos sorprenderá. Neste vídeo poderedes velo e escoitalo mentres pasea polas rúas de La Habana.
Agardamos que vos preste!

viernes, 22 de marzo de 2013

Lembrando o curso con Bea...

Deixámosvos unhas fotos do estupendo fin de semana que vimos de pasar con Bea. O ambiente do curso, tanto musical, como persoal foi estupendo.
Graciñas Bea! 

Os 4 Fantásticos (Eduardo, Júlia, Paule e Claudia) e Bea (...onde está?)

De novo a Clase Colectiva

Máis momentos das clases:









Algúns dos participantes do curso no derradeiro día

domingo, 10 de marzo de 2013

Florent e Marcela

Hoxe deixámosvos algunhas fotos da visita que nos fixeron Florent Héau e Marcela Roggeri o pasado 4 de Marzo. A verdade é que gozamos moito ca súa compaña...

Florent e Marcella tocando no encontro do CMUS

Florent facendo unha explicación

Saudando despois dunha interpretación

No remate do concerto que ofreceron no Círculo das Artes

martes, 5 de marzo de 2013

Julian Bliss na fonoteca


Lembrade que este venres (8 de Marzo), dentro do "I Ciclo de Proxeccións de Vento-Madeira", que se celebra  na fonoteca do CMUS, proxectaremos ás 19:00 un vídeo no que repasaremos a traxectoria do clarinetista Julian Bliss (dende que comezou a tocar, con tan só 4 anos!!, ata a actualidade).
Agardámosvos!!

martes, 26 de febrero de 2013

FLORENT HÉAU en LUGO


O clarinetisa francés Florent Héau vai estar en Lugo o vindeiro luns 4 de marzo. Primeiro ten previsto facer un encontro ás 17:00 no CMUS Lugo. Neste, interpretará algunha das pezas do concerto que ofrecerá ás 20:30 no Círculo das Artes, acompañado pola pianista Marcela Roggeri e organizado pola Sociedade Filarmónica de Lugo. Ademais, no encontro  do conservatorio, poderedes disfrutar da súa compaña e falar con el para comentarlle as vosas inquedanzas e dúbidas.
Para que saibades un pouquiño máis de Florent... é un dos clarinetistas de maior proxección  internacional na actualidade, recoñecido tanto pola súa labor como intérprete, como pola súa labor como docente. Ten tocado como solista con numerosas e importantes orquestras europeas e gañado diversos premios internacionais. Ofrece recitais ó longo de todo o mundo, con distintos grupos de cámara, entre os que podemos destacar o seu cuarteto de clarinetes Les Bons Becs (que fan un espectáculo de música e teatro).
Actualmente compaxina a súa actividade como docente no Conservatoire à Rayonnement Régional de Rueil-Malmaison con concertos e cursos ó longo de todo o planeta..
Aquí vos deixamos uns vídeos a modo de anticipo. Gozade deles!!



Outro con Les Bons Becs:


Por certo, .....alguén lembra isto?

domingo, 17 de febrero de 2013

O VIDEOCLUB de VENTO-MADEIRA


No Departamento de Vento-Madeira do CMUS Lugo, vimos de organizar o "I Ciclo de Proxeccións Vento Madeira". Todos os venres, dende o día 22 de febreiro ata o día 22 de marzo, ás 19:00 proxectaranse na Fonoteca do Conservatorio diversos vídeos, cada un adicado a un instrumento do Departamento. O programa do ciclo será o seguinte:
  • 22 de febreiro: a frauta como é debido, por Trevor Wye
  • 1 de marzo: Albretch Mayer, o oboísta da Filarmónica de Berlín
  • 8 de marzo: clarinete, Julian Bliss, un neno prodixio
  • 15 de marzo: o saxofón vén de París
  • 22 de marzo: el fagot a través de la orquesta
Deixámosvos un vídeo de presentación para que vos animedes a vir e pasar un bo rato no noso cine:

domingo, 10 de febrero de 2013

Chegou o Entroido!!

Antía, Julio e Uxía

Xa está aquí o Entroido un ano máis, e por suposto tamén chegou ó CMUS Lugo. Este venres os clarinetistas tamén se disfrazaron para vir a clase.

Alba

Gozade moito destes días de troula e non vos esquezades de seguir practicando co clarinete entre cada disfrace.
Vémonos á volta e.... BO ENTROIDO! 


domingo, 3 de febrero de 2013

NOVAS FRESCAS!!


Acaba de ser presentada unha nova edición dos Cursos de Vento Madeira (...imos polo 7º ano consecutivo), que organiza en conxunto o Departamento de Vento Madeira do CMUS Lugo, e xa temos os trípticos e o cartel. Anunciarámosvos que nesta ocasión Beatriz López sería a profesora de clarinete e música de cámara, e agora confirmámosvos todo o elenco de profesorado:

  • Cursos de clarinete e música de cámara os días 16 e 17 de marzo. Profesora: Beatriz López
  • Curso de óboe os días 16 e 17 de marzo. Profesor: Roberto Turlo
  • Curso de saxofón os días 22, 23 e 24 de marzo. Profesor: Mariano García
  • Curso de frauta os días 20 e 21 de abril. Profesor: Pablo Sagredo


lunes, 7 de enero de 2013

O Agasallo dos Reis Magos...


Que tal se portaron con vós os Reis Magos?
Seguro que moi ben, e dende a aula de clarinete do CMUS Lugo, imos deixarvos o noso "agasallo"....


....imos a confirmarvos a profesora encargada de impartir o tradicional curso de clarinete que todos os anos organizamos dende o Departamento de Vento Madeira. Nesta edición do 2013, teremos a sorte de contar con Beatriz López Ramírez os días 16 e 17 de Marzo


Bea é clarinete solista da Real Filharmonía de Galicia, profesora de clarinete e música de cámara na Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia e membro do Airas Ensemble.
En breves datas deixarémosvos un enlace para que poidades descargar os trípticos con toda a información dos cursos e os boletíns de inscrición.







martes, 1 de enero de 2013

Nova Web!!

Feliz ano a todos!!

.....ano novo....noticias novas!
Imos presentarvos a páxina web dun novo clarinetista vilalbés cun gran presente e prometedor futuro, que ademais, como podedes ver é de moi preto de Lugo.


Chámase Dani Veiga, y aquí vos deixamos o enlace para que poidades  visitar a súa web.