Translate

viernes, 17 de abril de 2020

Ensemble dende a casa!!!

Ola a tod@s!!

Nestes días atípicos necesitamos aproveitar ó máximo os recursos e coñecementos que temos, xa que como cantaron os Rolling Stones, "non sempre podes acadar o que queres, pero si o intentas, ás veces logras o que precisas".
Os membros do ensemble de clarinetes do CMUS Xoán Montes de Lugo, xa que polos motivos que todos coñecemos non podemos xuntarnos presencialmente, pensamos en facelo virtualmente e decidimos gravar cada un de nós dende a súa casa a banda sonora da película Gladiator para poder tocala todos xuntos.

Aquí tedes o resultado:
E lembrade....como dixo a actriz Angela Lansbury "É mellor estar ocupado que estar ocupado preocupándose".

Moita saúde e ánimo a tod@s!!!