Translate

viernes, 24 de enero de 2014

Novas frescas!!

Xa podemos confirmarvos o profesor encargado de impartir o tradicional curso de clarinete que todos os anos organizamos dende o Departamento de Vento Madeira. 
Nesta edición do 2014, teremos a sorte de contar con Darío Mariño Varela os días 29 e 30 de Marzo.


Darío é clarinete solista da Konzerthausorchester en Berlín, tocou coas mellores orquestras e ten tamén unha ampla experiencia na música de cámara.
En breves datas deixarémosvos un enlace para que poidades descargar os trípticos con toda a información dos cursos e os boletíns de inscrición.

Aquí vos deixamos un vídeo no que o podedes ver tocar ca Filharmónica de Berlín:



Os clarinetes soan de maneira espectacular!!

domingo, 19 de enero de 2014

Martin Fröst na Fonoteca!!


Lembrade que este mércores (22 de Xaneiro) ás 18:00, dentro do "II Ciclo de Proxeccións de Vento Madeira" proxectaremos na fonoteca do CMUS  un vídeo no que repasaremos a traxectoria do clarinetista Martin Fröst.

Lembrámosvos o programa do ciclo:

21 de Xaneiro, martes, ás 19 horas: frauta
22 de Xaneiro, mércores, ás 18:00: clarinete
23 de Xaneiro, xoves, ás 18:00: óboe
27 de Xaneiro, luns, ás 20:00 horas: saxofón
28 de Xaneiro, martes, ás 19:00: fagot

Agardámosvos!!

miércoles, 15 de enero de 2014

II Ciclo de Proxeccións Vento Madeira


Logo do éxito acadado na edición do curso pasado, no Departamento de Vento Madeira do CMUS Xoán Montes de  Lugo, vimos de organizar o "II Ciclo de Proxeccións Vento Madeira". 
Durante este mes de Xaneiro, proxectaremos na Fonoteca do Conservatorio diversos vídeos, cada un adicado a un instrumento do Departamento. 

O programa do ciclo será o seguinte:
  • 21 de Xaneiro, martes, ás 19 horas: frauta
  • 22 de Xaneiro, mércores, ás 18:00: clarinete
  • 23 de Xaneiro, xoves, ás 18:00: óboe
  • 27 de Xaneiro, luns, ás 20:00 horas: saxofón
  • 28 de Xaneiro, martes, ás 19:00: fagot

Esperamos que vos animedes e pasedes polo cine do Departamento para pasar un agradable rato!!