Translate

martes, 26 de febrero de 2013

FLORENT HÉAU en LUGO


O clarinetisa francés Florent Héau vai estar en Lugo o vindeiro luns 4 de marzo. Primeiro ten previsto facer un encontro ás 17:00 no CMUS Lugo. Neste, interpretará algunha das pezas do concerto que ofrecerá ás 20:30 no Círculo das Artes, acompañado pola pianista Marcela Roggeri e organizado pola Sociedade Filarmónica de Lugo. Ademais, no encontro  do conservatorio, poderedes disfrutar da súa compaña e falar con el para comentarlle as vosas inquedanzas e dúbidas.
Para que saibades un pouquiño máis de Florent... é un dos clarinetistas de maior proxección  internacional na actualidade, recoñecido tanto pola súa labor como intérprete, como pola súa labor como docente. Ten tocado como solista con numerosas e importantes orquestras europeas e gañado diversos premios internacionais. Ofrece recitais ó longo de todo o mundo, con distintos grupos de cámara, entre os que podemos destacar o seu cuarteto de clarinetes Les Bons Becs (que fan un espectáculo de música e teatro).
Actualmente compaxina a súa actividade como docente no Conservatoire à Rayonnement Régional de Rueil-Malmaison con concertos e cursos ó longo de todo o planeta..
Aquí vos deixamos uns vídeos a modo de anticipo. Gozade deles!!



Outro con Les Bons Becs:


Por certo, .....alguén lembra isto?

domingo, 17 de febrero de 2013

O VIDEOCLUB de VENTO-MADEIRA


No Departamento de Vento-Madeira do CMUS Lugo, vimos de organizar o "I Ciclo de Proxeccións Vento Madeira". Todos os venres, dende o día 22 de febreiro ata o día 22 de marzo, ás 19:00 proxectaranse na Fonoteca do Conservatorio diversos vídeos, cada un adicado a un instrumento do Departamento. O programa do ciclo será o seguinte:
  • 22 de febreiro: a frauta como é debido, por Trevor Wye
  • 1 de marzo: Albretch Mayer, o oboísta da Filarmónica de Berlín
  • 8 de marzo: clarinete, Julian Bliss, un neno prodixio
  • 15 de marzo: o saxofón vén de París
  • 22 de marzo: el fagot a través de la orquesta
Deixámosvos un vídeo de presentación para que vos animedes a vir e pasar un bo rato no noso cine:

domingo, 10 de febrero de 2013

Chegou o Entroido!!

Antía, Julio e Uxía

Xa está aquí o Entroido un ano máis, e por suposto tamén chegou ó CMUS Lugo. Este venres os clarinetistas tamén se disfrazaron para vir a clase.

Alba

Gozade moito destes días de troula e non vos esquezades de seguir practicando co clarinete entre cada disfrace.
Vémonos á volta e.... BO ENTROIDO! 


domingo, 3 de febrero de 2013

NOVAS FRESCAS!!


Acaba de ser presentada unha nova edición dos Cursos de Vento Madeira (...imos polo 7º ano consecutivo), que organiza en conxunto o Departamento de Vento Madeira do CMUS Lugo, e xa temos os trípticos e o cartel. Anunciarámosvos que nesta ocasión Beatriz López sería a profesora de clarinete e música de cámara, e agora confirmámosvos todo o elenco de profesorado:

  • Cursos de clarinete e música de cámara os días 16 e 17 de marzo. Profesora: Beatriz López
  • Curso de óboe os días 16 e 17 de marzo. Profesor: Roberto Turlo
  • Curso de saxofón os días 22, 23 e 24 de marzo. Profesor: Mariano García
  • Curso de frauta os días 20 e 21 de abril. Profesor: Pablo Sagredo