Acaba de ser presentada unha nova edición dos Cursos de Vento Madeira (...imos pola 11ª), que organiza en conxunto o Departamento de Vento Madeira do CMUS Xoán Montes de Lugo, e xa temos os boletíns de inscrición e o cartaz.
Nesta edición, o profesor de clarinete será Cristo Barrios, e tamén teremos un curso de mecánica dos instrumentos de vento madeira impartido polo clarinetista Pablo Pascual:


Agora confirmámosvos todo o elenco de profesorado:
Curso de frauta os días 2 e 3 de marzo. Profesor: César Concheiro
Curso de clarinete os días 2 e 3 de marzo. Profesor: Cristo Barrios
Curso de clarinete os días 2 e 3 de marzo. Profesor: Cristo Barrios
Curso de saxofón os días 2 e 3 de marzo. Profesor: Carlos Mazás
Curso de óboe os días 2 e 3 de marzo. Profesor: Éric González
Curso de mecánica dos instrumentos de vento madeira o día 13 de abril. Profesor: Pablo Pascual
Podedes descargar os trípticos co boletín de inscrición e cartaz pinchando en cada especialidade, ou tamén no apartado de cursos do blog.