Que tal se portaron con vós os Reis Magos?
Seguro que moi ben, e dende a aula de clarinete do CMUS Lugo, imos deixarvos o noso "agasallo"....
....imos a confirmarvos a profesora encargada de impartir o tradicional curso de clarinete que todos os anos organizamos dende o Departamento de Vento Madeira. Nesta edición do 2013, teremos a sorte de contar con Beatriz López Ramírez os días 16 e 17 de Marzo
Bea é clarinete solista da Real Filharmonía de Galicia, profesora de clarinete e música de cámara na Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia e membro do Airas Ensemble.
No apartado do blog destinado a cursos, podedes ler o seu currículum.
En breves datas deixarémosvos un enlace para que poidades descargar os trípticos con toda a información dos cursos e os boletíns de inscrición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario