Ola clarinetistas!!
Xa estamos a piques de rematar o curso e temos que procurar cousas para facer no verán. Hoxe imos a propoñervos un cursiño moi interesante impartido polos membros do Natalia Ensemble que se vai a realizar en Santiago de Compostela do 19 ó 23 de Xullo, e no que se impartirán tanto clases instrumentais individuais como de cámara. Aquí tedes información sobre o curso e si queredes o boletín de inscrición, pinchade aquí.
Ademáis do curso de música, tamén poderedes gozar escoitando a esta fantástica agrupación, xa que O Natalia Ensemble regresa este verán a Galicia traendo consigo a primeira versión de cámara da Quinta Sinfonía de Mahler. Esta sinfonía poderase escoitar xunto á Pavana para unha infanta difunta de Ravel no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela o 28 de xullo e no Centro Ágora de A Coruña o 29 de xullo.
Animádevos a asistir!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario